Blogia
La Balacera

Domingo Villar obtén o Premio Frei Martín Sarmiento con «Ollos de auga»


SANTIAGO. Un libro de éxito, sen dúbida, e unha magnífica estrea para un escritor que comenzaba. A novela Ollos de auga non para de dar satisfaccións. Acaban de sacar a rúa a quinta edición en lingua galega dunha novela que se confirma coma un dos acontecementos editoriais dos últimos anos. O detective Caldas, o seu protagonista, e o seu axudante, o aragonés Estévez, xa forman parte do imaxinario da ficción galega.

Ollos de auga foi traducida ao castelán e publicada por Editorial Siruela, que vai pola sexta reimpresión. Foi xa traducida por cinco editoriais europeas: Unionsverlag en alemán, Ponte Alle Grazie en italiano, Ciela en búlgaro, AST en ruso, e Arcadia Books en inglés. Este ano vai asistir como autor invitado ao Edimburgh Book Festival, o encontro literario máis importante do Reino Unido, para presentar o libro no mercado británico.

Domingo Villar (Vigo, 1971) reside habitualmente en Madrid, onde traballa dende hai tempo como guionista de cine e de televisión. Tamén exerce a crítica gastronómica na SER e é colaborador de distintos medios escritos. Ollos de auga é a súa primeira novela, centrada na cidade de Vigo, cuxos ambientes e personaxes percorre con especial talento e cunha magnífica capacidade para o relato de acción, a construción dos personaxes e o ritmo narrativo. Anteriormente recibira o Premio Brigada 21, un dos galardóns de maior prestixio no xénero policial, e o I Premio Sintagma á mellor primeira novela publicada en España. Villar traballa nunha nova aventura do inspector Caldas.


0 comentarios